Tuesday 21 de May de 2024

Unha exposición reunirá na Casa das palmeiras os mellores traballos de Agujas, hilos y dedales


A mostra da agrupación estará aberta do venres ao domingo desta semana

Os traballos realizados polas mulleres que forman parte da agrupación Agujas, hilos y dedales volven ser protagonistas dunha exposición en Neda. A mostra poderase visitar na Casa das palmeiras dende este venres ata o domingo, en horario de mañá e de tarde.

As persoas que se acheguen ao equipamento cultural poderán observar a variedade e apreciar a calidade dos traballos realizados polas integrantes deste colectivo, que se reúne semanalmente no centro cívico do municipio para realizar os seus labores (bordado, gancho, calceta…) e compartir bos momentos.

A exposición coas mellores obras realizadas ao longo do último ano estará aberta ao público do 27 ao 29 de outubro de 11 a 13 horas e de 17 a 20.30 h.